Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) cursou estudios de Dereito e Filosofía e Letras en Valladolid e en Santiago, pero dedicou toda a sua vida á literatura e ao xornalismo. O seu primeiro libro publicado foi A lus do candil (1952), ó que lle seguirían Terra brava (1955), a obra teatral Pauto do demo (1958), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1985) Mestre do relato curto, a súa literatura contén elementos máxicos e realistas e céntrase fundamentalmente na descrición do mundo tradicional galego.
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2017.