Cóntamo outra vez, Rick

J. A. Xesteira

O autor debuta en Editorial Galaxia cun mollo de relatos centrados en personaxes de vida escura,

existencias atormentadas e retos de vida. Contos contados ao carón dun piano, cun licor na man, entre fume de cigarros e caras descoñecidas. Unha viaxe pola xeografía planetaria da man de voces incribles de vidas disparatadas pero que, como todas, son idénticas á túa e á miña, se chega o caso. Un libro de relatos onde o que conta é o pracer de narrar, de escoitar, de ler, de que nos lean. Un exercicio de descontrolada contención dunha das voces máis singulares das nosas letras.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 164
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 12/03/2021
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-605-7
  • Edición :
  • Nº na colección : 425
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

978849151630917 segundosKirmen Uribe

Autor/a

j-a-xesteira-ana-gesteira

Xesteira, J. A.
estudou xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. É xornalista desde 1972 e foi redactor en xornais como, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego Faro de Vigo, onde exerceu como redactor xefe de Cultura. Ao longo de vinte anos mantivo unha columna semanal de opinión sociopolítica, como colaborador no Diario de Pontevedra. Foi crítico de cine na última etapa do semanario A Nosa Terra, actividade que xa mantivera durante 18 anos en Faro de Vigo, onde tamén cultivou esporadicamente crítica literaria e artística. É autor de varios libros, entre os que destacan Blues da ría (2001) e Contos de familia (2005). Autora da fotografía: ©Ana Gesteira


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR