Realizadas desde múltiples perspectivas, as análises recollidas en Territorio, financiamento e control do gasto permiten coñecer a realidade para poder avanzar no perfeccionamento social. Este libro nace con esas intencións e con eses obxectivos, continuando a idea que se concretou hai dous anos coa publicación de Chaves da economía pública galega.
A nova achega recolle oito traballos que se articulan en tres bloques distintos. Os tres primeiros teñen como eixe común o territorio. Un segundo bloque analiza políticas destinadas ao desenvolvemento económico sustentable de Galicia e o terceiro bloque integra dous traballos de evidente actualidade sobre os procesos orzamentarios e o control do gasto público. Pon o ramo unha reflexión sobre a situación actual e futura do imposto sobre sucesións e doazóns.