Capitol, última sesiónMiguel Anxo FernándezUn dos escritores galegos que mellor recrean o fascinante mundo do cinema é Miguel Anxo Fernández. Capitol, última sesión achéganos un mangado de historias nas que as salas de cine e as películas forman un universo que acaba por contaxiar a vida dos espectadores. Historias de cine que forman parte da nosa historia que, coma en Cinema Paradiso, marcan o devalar do tempo. Envexable pulso narrativo e pingadelas de humor, Miguel Anxo percorre a historia cinematográfica do século XX a traves dos filmes que se proxectan no Capitol, un cine dos de antes arredor do cal se tecen vidas e historias tan apaixonantes como as que se proxectan na súa pantalla. Aventura, amor e misterio nun libro de narrativa que conta a historia do cinema dunha maneira imaxinativa e orixinal. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasMiguel Anxo Fernández no Clube de Lectura do Concello de Piñor2009-06-22 20:30:00 Entrega do Premio Ramón Cabanillas a Miguel Anxo Fernández2010-05-14 21:00:00
Novidades
| |||||||||||||||||||||||||||
|