Estás aquí:

C

25,95  IVE INCLUIDO
A novela de título máis enigmático publicada en Europa nos últimos anos, finalista do Premio Man Booker en 2010, o máis prestixioso dos outorgados en Gran Bretaña a un libro de ficción
A novela comeza na Inglaterra de principios do século XX e conta a historia dun rapaz chamado Serge Carrefax cuxo pai ensina a falar nenos xordos e, como pasatempo, experimenta coa comunicación telegráfica. Serge medra a carón da súa intelixente e misteriosa irmá Sophie, entre as vibracións dos cables e as palabras pronunciadas a medias polos alumnos de seu pai. Despois dunha estadía nun balneario centroeuropeo, Serge intervén na Primeira Guerra Mundial como observador aéreo. Cando o seu aeroplano é derrubado, é feito prisioneiro polos alemáns ata que, coincidindo co remate da guerra, logra fuxir. De volta a Londres, recrútano para unha escura misión en Exipto, onde chega a descender ás profundidades das tumbas dos faraóns.

O texto de C forma un código no que cada parte é un sinal, a peza dunha narración tan rica en correspondencias coma un mundo cuxa interpretación non ten fin. A novela de McCarthy é unha das revelacións da narrativa contemporánea escrita en inglés.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 432
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 19/07/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-383-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

McCarthy, Tom
tom

Tom McCarthy (1969) vive en Londres e é coñecido no mundo da arte polos seus artigos, os seus manifestos e mais polas intervencións que fai como secretario xeral da International Necronautical Sociaty (INS), unha asociaicón semificticia. O seus libros anteriores son as novelas Remainder (2005) e Men in Space (2007) e o ensaio Tintin and the Secret of Literature (2008).

As súas obras

C
c
25.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
22.30€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
21.35€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
25.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.90€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
23.40€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.75€ CON IVE
A pista de area
pista
21.35€ CON IVE