22,95€

mercar

As voces da noticia

Xosé Monteagudo

Unha novela na que as voces dos protagonistas conducen ao lector á resolución dun crime do pasado.

Unha periodista viaxa a unha pequena vila da Galicia interior co propósito de desenlear un crime acontecido dez anos antes. A través da voz das súas testemuñas, a novela vai recreando, de xeito maxistral, as tensións que configuran un mundo autónomo e abafante, ao tempo que reflexiona sobre as máis fondas motivacións humanas cunha linguaxe literaria anovadora.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 372
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2002-12-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-589-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Eternity15,50€

Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Autor/a

Monteagudo, Xosé
(Moraña, 1965) obtivo o premio Blanco Amor en 2002 coa súa primeira novela, As voces da noticia. En 2006 publicou Esta historia. Coa súa terceira novela, Un tipo listo, conseguiu o premio García Barros en 2009 e foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento en 2011. En 2012 publicou O curioso mundo das persoas normais. En 2016, Todo canto fomos, novela unanimemente eloxiada pola crítica, que acadou un grande éxito lector e coa que obtivo en 2017 o Premio á mellor obra narrativa na Gala do Libro Galego e mais o Premio San Clemente.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR