Estás aquí:

Código: 452

As ilusións estrañas

16,70  IVE INCLUIDO
A realidade como aparencia
Os contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas. A perda é unha constante destes relatos, a sensación de final —case apocalíptica— é outra das atmosferas que pairan sobre As ilusións estrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan á vista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.
A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que a realidade parece que perde a súa consistencia, é o lugar onde aniñan As ilusións estrañas. Antón Dobao amosa unha habelencia insólita para escoller os feitos narrados —as situacións, os personaxes que as viven— e as palabras coas que estes se narran. Trátase do xogo da ficción, no que o autor introduce a quen le sen que, ata o momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.
Velaquí o que escribiu Giacomo Leopardi sobre as ilusións no seu Zibaldone di pensieri: "O pracer máis sólido desta vida é o pracer van das ilusións. Eu considero as ilusións como algo en certo xeito real, tendo en conta que son ingredientes esenciais do sistema da natureza humana [...] de maneira que non é lícito explicalas como soños dun único ser humano senón como xurdidas de veras da natureza; sen elas, a nosa vida sería a máis mísera e ruín das cousas."
Ao cabo, en As ilusións estrañas todo o que parecía ser unha procura rigorosa da verdade acaba por se converter en material para alimentar algo falso: unha ficción perfecta e convincente; iso que, en esencia, vén sendo a literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 05/09/2014
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-543-8
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Dobao, Antón
Foto Antón Dobao

Antón Dobao (Lugo, 1963) é autor de Incertos (2008), o libro de relatos, e dos poemarios. Desde o teito da noite (1987), Caderno dos dereitos e das horas (1994), O tempo entre murallas (1997), Materia (2005) e Onde o ollar comeza a doer (2007). Como guionista e director, é responsable do proxecto de televisión Un mundo de historias, que levou á pantalla un mangado de obras de narradores galegos contemporáneos.

As súas obras

As ilusións estrañas
As ilusións estrañas
16.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE