As certezas do climaMiguel Anxo Fernán VelloNo seu momento, Xosé María Álvarez Cáccamo cualificou este libro como "o momento de máis aguda lucidez e tensión emotiva no total da obra do seu autor". Gañador da V edición do premio Martín Codax de poesía, este libro é culminación e, ao tempo, superación do discurso celebrativo e vitalista que caracteriza a súa obra anterior. As certezas do clima sinala a apertura da lírica de Fernán-Vello a novas actitudes e miradas, tamén a novas paisaxes, nas que un ton por veces elexíaco non consegue borrar a luz nin afogar "ese asombro nos ollos que aínda pode salvarnos". |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|