9,50€

mercar

As ás de Xenoveva

Uxía Casal

A historia dunha galiña que está farta de vivir na granxa.

Xenoveva está farta de vivir na granxa.

É unha galiña moi especial, porque ela quere ver o mundo. Un día, cando as súas ás xa están fortes, emprende o voo e comeza a correr aventuras.

O mundo exterior está cheo de emocións e desafíos que esta galiña viaxeira saborea a fondo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 132
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 21 x 13,5 cm
  • Data Publicación : 2005-12-17
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-759-3
  • Edición : 3

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Casal, Uxía
Uxía Casal naceu en Santiago de Compostela en 1957. Licenciada en Xeografía e Historia e en Filoloxía Hispánica. Profesora de Lingua Galega, entre 1984 e 2003, nun instituto de Ourense, cidade que coñece ben, que aprendeu a querer e na que atopou o seu espazo vital e literario. A partir do ano 2004 habita en Nigrán, e aínda que a vella Auria segue a ser unha referencia para volver e atopar amizades. Á parte de pasear e pasmar -dúas das súas actividades favoritas-, Uxía dedica boa parte do seu tempo a ler e escribir. Froito desta paixón son obras como As ás de Xenoveva (2004), publicada na colección Árbore de Galaxia. Tamén para lectores novos publicou Un ano de fábula en catro estacións (1994). Completan a súa produción literaria títulos como O faro de Arealonga e Saturno tamén é Deus. Nos libros de autoría colectiva Narradoras e Longa lingua deu ao prelo os relatos "O pequeno Mario" e "A palabra de Deus".


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR