No ano 2003 o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos comeza unha nova andaina. Un equipo aberto a futuras incorporacións de estudosos da nosa literatura que asuman os desafíos desta nova etapa. O obxectivo é dispor dun ábano máis amplo de especialistas que o asesoren, unha sorte de rede cómplice que actúe como nexo entre a revista e a sociedade ciéntifica internacional. Dolores Vilavedra asume a labor de dirección desta nova época.
O Anuario 2004 comeza cunha achega á obra de Lupe Gómez. Desde un punto de vista crítico abórdanse a obras desta poetisa nova ao cumprirse dez anos da súa primeira publicación. Elementos feministas, surrealistas, libertarios, existencialistas e autobiografícos levados a anlíse crítico da man de Ana Bela Simöes e Burghard Baltrusch.
Dentro da sección Estudos cabe destacar o traballo de María Liñeira a cerca de A sección de Álvaro Cunqueiro no semanario catalán "Destino". Na mesma sección Olga Novo acércase a Vermella con lobos de Carmen Blanco, unha reescritura dos contos de fadas desde o feminismo literario.
Na sección de Panóramicas, Manuel Forcadela fai un estudo sobre o ensaio no ano 2004. Álvaro Álvarez e Isabel Soto reflexionan sobre o panorama literario infantil e xuvenil do pasado 2004, un ano prolífico e digno. Dolores Vilavedra leva a cabo unha xeira de profundización na narrativa deste mesmo ano, o mesmo que Iolanda Ogando en poesía.
Nas reseñas de libros atopamos críticas arredor de obras como Territorio da desaparición de Miguel Anxo Fernán Vello, As cidades mergulladas de Xosé Miranda, Ser uo non de Borrazás, Veu visitarme o mar de Rosa Aneiros ou Entre fronteiras de Xavier Alcalá.