Nesta antoloxía Antón Risco reúne vintecinco relatos, algúns inéditos, correspondentes a quince autores, entre os que figuran algúns dos máis representativos de toda a historia da narrativa galega, pero tamén outros que se daban a coñecer neste volume, como Arturo Lezcano. A escolma vén precedida dunha introdución do propio Antón Risco no que afonda na literatura fantástica e que constitúe un texto de referencia obrigada na moderna crítica literaria galega.