A verdade sobre Marie

Jean-Philippe Toussaint

ESGOTADO

Os personaxes, xa coñecidos do lector galego por ‘Fuxir’, despregan unha enerxía inesgotable

En ‘A verdade sobre Marie’, Jean-Philippe Toussaint prolonga ou retoma a historia que une e separa, aproxima e afasta, a imprevisible e sedutora Marie a un engaiolado narrador. Sempre a viaxaren, sempre en movemento, sempre en perigo, aprenderon a vivir e a amar sen se preocupar das dimensións do mundo nin do tempo. Cunha fatalidade insaciable que, así e todo, endexamais chega a consumir a historia, esta novela non se parece a nada coñecido: o humor a carón da angustia permanente da morte.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-07-19
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-377-9
  • Edición : 1
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Fuxir0,00€

Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Toussaint, Jean-Philippe
Jean-Philippe Toussaint (Bruxelas, 1957) é un dos máis brillantes escritores en lingua francesa da súa xeración. Reside en Francia desde 1971. Os seus personaxes, solitarios empedernidos, habitan un universo narrativo que se caracteriza pola discontinuidade e as permanentes rupturas do relato. Ten publicado La Salle de bain (1985), Monsieur (1986), L’Appareil-photo (1989), La Réticence (1991), La Télévision (1999) e Autoportrait (à l’étranger) (2000). Tamén se dedicou á escritura de guións de cine e en 1999 realizou a película La patinoire.

Con Faire l’amour (2002) e Fuxir (2005, Galaxia 2007), a súa obra deu un novo xiro. Ambos libros forman un díptico: o primeiro narra unha ruptura, o segundo as súas consecuencias. A súa obra vaise facendo máis visual, máis cinematográfica. Fuxir é unha fermosa resposta literaria ás creacións de interesantes cineastas contemporáneos, como David Lynch o Wong Kar Waï.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR