Estás aquí:

Código: 208

A terra prometida

9,30  IVE INCLUIDO
Unha novela de amor apaixonado, na que os protagonistas acaban convertíndose en símbolos do seu propio país
Un emigrante galego na Europa dos anos sesenta lembra a súa infancia na aldea e a relación cunha noiva da cal se ten que separar. O relato, que aparece mergullado no lirismo que caracteriza a obra de Rábade Paredes, adquire un carácter simbólico, na que o sentimento da terra chega a ser totalizador. Ao final, os personaxes, que conservan sempre unha clara entidade humana, trascenden a súa propia historia e acaban convertidos en metáfora dun país, dunha xente, dun drama, dunha queixa… É precisamente esta forma de parábola a que lle outorga un significado trascendente a esta novela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 52
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/05/1990
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-714-9
Observacións:

AUTORES/AS

Rábade Paredes, Xesús
rabade

Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.

En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.

As súas obras

Memoria do corpo
memoria-do-corpo
11.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE