A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro CunqueiroManuel ForcadelaPremio da Crítica Galicia 2010 na categoría de Ensaio En 1947, Álvaro Cunqueiro regresa a Mondoñedo, onde permanece ata o ano 1960. Ábrese un período no que vai escribir a práctica totalidade da súa obra en galego posterior á Guerra Civil. Este ensaio pescuda nese novo universo creativo, nas súas causas e na mecánica do seu funcionamento. A relación de Álvaro Cunqueiro coa lingua galega, o período de residencia en Mondoñedo (1947-1960) no que escribiu as súas obras narrativas fundamentais e as claves do mundo imaxinario do autor de Merlín e familia. Velaquí algúns dos asuntos nos que este ensaio pescuda para achegar aos lectores unha visión nova da actividade literaria e un xeito diferente de analizar a realidade (lingüística e semiolóxica) da que xorde. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasA orixe da ficción2009-07-17 09:30:46 Forcadela e Monteagudo, finalistas nos premios da AELG2010-05-20 09:40:29 Premios para Murado, Forcadela e Barros2011-06-28 10:52:17
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||
|