historia escribese de noite

15,60€

mercar

A historia escríbese de noite

Bieito Iglesias

Un relato literario, á vez elexíaco e grotesco, da Galicia actual a través do mundo da prostitución.

Unha revista encárgalle á protagonista deste libro a confección dunha reportaxe sobre a prostitución en Galicia. Este é o punto de partida desta novela saudosa, pero chea de vida e humor.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 156
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2001-10-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-469-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Miss OurenseMiss Ourense14,75€

Actividades relacionadas


Novidades

Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.inddAo abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976Ramón Otero PedrayoSebastián Martínez-Risco
9788491516446PapiroflexiaFernando Castro Paredes
9788491516361HumanarioPilar García Rego

Bieito Iglesias

Iglesias, Bieito
(Ourense, 1957). Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista n´A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique.

Deuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de seda, A vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en Nassau, Miss Ourense, O mellor francés de Barcelona, Amor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca.

Bieito Iglesias é tamén o autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR