a galiña azul

A galiña azul

Carlos Casares

Un libro co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua.

Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do “papaio”, unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, “non é unha galiña como é debido”.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 54
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 136 x 188
  • Data Publicación : 2002-06-01
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-536-0
  • Edición : 4
  • Nº na colección :
  • Observacións : ESGOTADO

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491515876Movendo os marcos do patriarcadoMarilar AleixandreMaría López Sández
9788491515890IdentidadeNee Barros Fernández
9788491515975As malas mulleresMarilar Aleixandre
9788491515883A pintora libertariaPepe Carballude

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR