Estás aquí:

Código: 1991

Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano

22,95  IVE INCLUIDO
Diario escolar e desterro
Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) cursou estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra entre 1931-1934, atraído sen dúbida pola relevancia que a Segunda República concedía á escola primaria. No curso 1934-1935 realizou as prácticas na escola graduada de Tui, a súa cidade natal, e redactou o Diario del Maestro. A súa lectura permítenos coñecer o que acontecía na aula en cada sesión de clase: os contidos, a metodoloxía, os temos, os materiais, a estratexia motivacional, os procedementos disciplicanios, os resultados acadados e a relación do mestre cos alumnos. A traxectoria profesional de Álvarez Blázquez quedou truncada pola sublevación militar de 1936. Como tantos outros mestres e mestras, inicialmente foi separado do ensino e posteriormente depurado. Os cargos que se lle apuñan eran os de formar parte das Mocidades Galeguistas, facer propaganda a prol do Estatuto de Autonomía e exercer como apoderado electoral da Fronte Popular. Foi sancionado con seis meses de suspensión de emprego e soldo, inhabilitación para o desenvolvemento de cargos directivos e de confianza, e traslado fóra de Galicia. Esta é a historia que conta este libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 228
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 43
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-341-4
Observacións:

AUTORES/AS

de Gabriel, Narciso
Narciso-de-Gabriel-1

É catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). Os seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé María Álvarez Blázquez, mestre republicano (2019) e Vermellos e laicos (2021), os dous últimos publicados por Editorial Galaxia. Recibiu os premios de investigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica por Escolantes e escolas de ferrado (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia (2006). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.

As súas obras

Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano
xose-maria-alvarez-blazquez-mestre-republicano
22.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE