Toribio ten que axudarlle á súa amiga Sara, inventora do Contador de Contos con Efecto Retardado, ante unha sabotaxe do profesor Smith.
Un dos libros da serie protagonizada por Toribio e creada por Carlos Casares para achegarse aos máis pequenos con historias divertidas e construtivas.
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2017.