Estás aquí:

Código: 2361

Remuíño de sombras

12,80  IVE INCLUIDO
Presenta a imaxe colectiva da comunidade galega de Buenos Aires.
Novela que reconstrúe unha xeira histórica da diáspora dos galegos. Despois da historia dun home na emigración que é Camiño bretemoso, Neira Vilas ofrécenos a novela da emigración no seu conxunto, “composta cunha técnica de parqué”, en palabras de Basilio Losada. Vidas cuns camiños que se encerellan, lembranzas comúns, xenreiras, incomprensións, anhelos —o de volver ou o de non volver—, homes apodrecidos na riqueza ou temperados na adversidade, todo un mundo sinfonicamente reflectido, amorfo, sen heroes cumpridos e escintilantes, coa grisalla morna dos días en sucesión abafante, co seu triunfo insuficiente, ou co fracaso esmagador.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 126
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Neira Vilas
Nº na colección: 11
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-752-8
Observacións:

AUTORES/AS

Neira Vilas, Xosé
neira vilas

Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.

As súas obras

De Gres a Cádiz
de-gres-a-cadiz
19.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Neira Vilas

Aqueles anos do moncho
Aqueles anos do moncho
13.50€ CON IVE
Camiño bretemoso
9788491517511
13.50€ CON IVE
Cartas a Lelo
lelo
12.80€ CON IVE
Co pai
co-pai
12.50€ CON IVE
De Gres a Cádiz
de-gres-a-cadiz
19.50€ CON IVE
Esperando o leiteiro
leiteiro
12.80€ CON IVE
Lar, Nai, Pan
1418650329Lar,_nai,_pan
19.95€ CON IVE
Memorias dun neno labrego
memorias
13.50€ CON IVE