Estás aquí:

Código: 564

Pazo de inverno

20,50  IVE INCLUIDO
PREMIO GARCÍA BARROS 2021
Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia? Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración; tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo. Cómpre gorentar o fracaso para ter a certeza de que a grandeza das ilusións nunca se perde. Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar vicios e virtudes, dúbidas e certezas, crenzas e valores cun xeito de contar que sorprende e fascina ao tempo que desvela e ilumina a realidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 272
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 440
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-768-9
Observacións:

AUTORES/AS

Lema, Alberto
Alberto-Lema

(Bamiro, Vimianzo, 1975) é autor dos poemarios Plan de fuga (2008) e Crónica do chan (2014). En narrativa, publicou a novela breve Unha puta percorre Europa (2008), Sidecar (2009) e a novela Da máquina (2012). Entre 2015 e 2019 foi concelleiro de Emprego, Turismo, Promoción Económica e Mercados no Concello da Coruña.

As súas obras

Pazo de inverno
9788491517689
20.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE