Estás aquí:

Código: 18445

O lugar onde vou

16,70  IVE INCLUIDO
Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable.
Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite. Araguas bota a andar unha pluma que ten cousas de corazón tan desbocado como o dos cómplices dunha editora “indie” desbordados pola chea de libros de poemas que reciben, ou da estatua inca que vinga o seu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada; hai gatos que falan e cans que bolen na neve e mancos que escriben con idéntica pericia á do Caldeireiro, urbanista anglófilo na Nebia de 1866. Un festival de maneiras de querer, de ir mirando como a vida acontece, de realismos extracorpóreos e de corpos que liscan alén da realidade, o deste libro de relatos, que fai debutar o autor en Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 547
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-909-6
Observacións:

AUTORES/AS

Araguas, Vicente
Vicente Araguas

(Xuvia-Neda, 1950) é doutor en Filoloxía Inglesa, con tese sobre Bob Dylan e o seu mundo poético, o que dalgunha maneira nos leva aos seus antecedentes como cantautor que se remontan a Voces Ceibes, na Compostela de 1968, do que partiu o libro Voces Ceibes (1991), un volume que se pode ler en clave de ensaio mais tamén de narrativa autoficcional. Poeta, narrador, ensaísta e crítico literario, publicou en galego as novelas Agora xa foi (2000), A canción do verán (2002) e Través do trebón (2020), e o libro de relatos, Xuvia-Neda (2010). Logo dun longo percorrido como ensinante, encetado en Escocia, onde escribira o seu primeiro libro de poemas Paisaxe de Glasgow (1978). Entre os seus premios destacan o Reimóndez Portela de xornalismo e o Patrimonio musical de Galicia.

As súas obras

O lugar onde vou
9788491519096
16.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE