ESGOTADO
Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón, dará cumprida resposta ao seu misterio.
Natural da Estrada, Sara Valcárcel (1994) é unha creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto Noaltodopoleiro.
O seu universo comprende a ilustración, o deseño e a fotografía. A súa vocación polas artes visuais levouna a traballar nelas e adaptalas ao mundo real, creando o seu propio estilo.
Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e está especializada en Dirección de Arte Publicitaria. Tivo a oportunidade de formarse en cidades coma Bos Aires ou Berlín, ambas as dúas grandes experiencias que ampliaron a súa visión do mundo e ensináronlle a mirar desde prismas completamente diferentes, os cales aplica á hora de traballar.
No ámbito editorial, ilustrou “O libro secreto da filosofía”, de José Carou (Editorial Galaxia, 2023), “Xe”, de Lara Boubeta Bamio (Editorial Galaxia, 2023), “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021), “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).
(Caldas de Reis, 1969) é filólogo pola USC, normalizador lingüístico, músico e xerente da Escola Municipal de Artes Escénicas do Concello da Estrada. Publicou o poemario Antoloxía dun naufraxio (2000), o texto dramático As papoulas do peregrino (2002), a banda sonora do musical El zorro, estreado no Teatro Calderón de Madrid (2002), o CD Aire (2005), o Anuario do Teatro Galego 2003- 2004 (2006), o texto dramático Alerta cibernética (2006), a banda sonora do musical Robin Hood (2008), o libro-CD Cantos de sol a sol, xunto a Xosé Neira Vilas (2014) e o libro-CD Canto lo que hago (2016). Paralelamente colaborou coa revista poética Augasverso, a revista cultural Tabeirós Terra e levou a sección de crítica teatral do xornal Galicia Hoxe (2005 a 2008). Recibiu os premios San Martiño de Normalización Lingüística (2007) e o Salmón de Ouro á súa traxectoria teatral (2009).
Foto do autor de Lucas Terceiro.