Estás aquí:

Código: 18436

O carreiro. Memorias do tío Santos

16,70  IVE INCLUIDO
Esta é a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira.
Da súa man, viaxamos no tempo ao último cuarto do século XIX e, nun avance demorado, facemos un máxico percorrido pola Galicia das reivindicacións agraristas para, finalmente, achegármonos e observar nas nosas costas algúns episodios que alí sucederon na Segunda Guerra Mundial. Nestas memorias, co poder suxestivo da palabra de Narciso Luaces, recuperamos a infancia, participamos directamente na sega e na malla, xogamos libres polas corredoiras, descubrimos un mundo de ilusións nas feiras… Todo contado coa espontaneidade, a frescura e a riqueza léxica de Narciso Luaces, un labrego que leva no sangue a inmensa forza desta terra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 162
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 456
Edición: 2ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-902-7
Observacións:

AUTORES/AS

Luaces Pardo, Narciso
narciso

Narciso Luaces Pardo naceu en 1929 no lugar de Meixido, pertencente á parroquia de San Paio dos Freires, no concello de Ortigueira. De neno combinou a asistencia á escola coa axuda á familia nos traballos agrícolas, mais desde os quince anos dedicouse plenamente á que foi a súa profesión: labrego. Con menos de vinte anos pasou a desempeñar un labor activo nas Sociedades Agrarias continuando un compromiso colectivo que xa caracterizara os seus devanceiros.

De formación autodidacta, o autor de O carreiro. Memorias do tío Santos é colaborador do semanario La Voz de Ortigueira así como doutras publicacións relacionadas coa comarca ortegueiresa. Ademais de ser un dos fundadores das Edicións O Paporroibo, este home altruísta participa activamente noutras asociacións culturais. A súa disposición desinteresada foi tamén aproveitada polos centros de ensino, nos que participou en xornadas de divulgación da apicultura. Desde 1999 mantén aberto ó público o Museo Etnográfico de Meixido, que reúne centenares de pezas por el mesmo recollidas, restauradas e catalogadas.

As súas obras

O carreiro. Memorias do tío Santos
9788491519027
16.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE