Estás aquí:

Código: 2844

Nunca mascotas

10,20  IVE INCLUIDO
Hai poucos títulos máis claros para contar o que hai dentro dun libro. Nunca mascotas.
Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais. E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte. Un libro do que estamos moi orgullosos na Editorial Galaxia. Poesía para a xente máis moza. Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza. Ás veces máis ca nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 64
Deseño: Rústica
Data Publicación: 05/10/2016
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-728-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Carballeira, Paula
Paula Carballeira 2024 ©distrito xermar

(Maniños, Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía e cun curso de Especialización en Arte Dramática, narradora oral profesional desde 1994, actriz, directora e escritora. Candidata dous anos consecutivos ao Astrid Lindgren Memorial Award, ten unha ampla produción literaria en narrativa e teatro, aínda que tamén escribe poesía e ensaio. Moitos dos seus libros foron premiados e traducidos a diferentes idiomas. Como actriz, é membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996 e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como dramaturga recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023 por As alumnas, publicado en Editorial Galaxia, onde tamén publicou Daniel no peirao (2023), un texto de teatro infantil arredor dun episodio da infancia de Castelao, ademais de Nunca mascotas (2016), O lobishome de Candeán (2012) e As outras historias (2011), entre outros.

Foto da autora ©distrito xermar

As súas obras

Carabela
carabela
13.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE