Nun lugar chamado Guerra

Categoría: Nova

A primeira edición foi en 2002, ano no que recibira o IV Premio Abril de Narrativa para a Mocidade, un dos tantos recoñecementos que ten obtido este autor prolífico e recoñecido internacionalmente.

Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de intérprete e co cal establece unha relación de utilización mutua que acabará converténdose nunha verdadeira amizade.

Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de cómo viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas víctimas da guerra e dos éxodos masivos.

Esta obra podemos lela na Colección Costa Oeste en tradución de María Cameselle.

Comparte nas túas redes sociais ou por email