Estás aquí:

Código: 1402

Non te amola!

20,30  IVE INCLUIDO

EDICIÓN EN CARTONÉ

Velaquí un libro inédito de Xela Arias

A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario que se abeira, ademais, ao traballo dunha grande ilustradora como Luz Beloso.

A prestixiona Revista CLIJ inclúe esta obra na súa lista de Honra

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 84
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 12/03/2021
Dimensións 140 x 275 mm.
Colección: Libros para compartir
Nº na colección: 5
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-604-0
Observacións:

AUTORES/AS

Arias, Xela
xela-arias

(Sarria, 1962 – Vigo, 2003) foi unha poeta que publicou libros esenciais como Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos ou Darío a diario, dedicado ao seu fillo, no que aborda a maternidade cunha mirada afastada do tratamento tradicional. A súa derradeira obra, publicada en 2003, Intempériome, converte a desobediencia e a transgresión en palabra poética. Autora sempre comprometida, puxo a súa voz en mobilizacións cívicas como a da marea negra do Prestige e en favor da lingua galega. Traballou como editora e como docente de secundaria. Traduciu para o galego desde o inglés, italiano, portugués e castelán autores como Bram Stoker (Drácula), Roald Dahl (As bruxas), Angela Carter (Venus negra), Gianni Rodari (Contos ao teléfono), Carlos Oroza (Caballum) e Jorge Amado (O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor), entre outros. En 2021, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas.

As súas obras

Non te amola!
9788491516385
15.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros para compartir

A fita azul
PACKSHOTFRONTAL
19.50€ CON IVE
A pequena Kuna
9788411761567
16.00€ CON IVE
Bicos e non balas
9788491513964
esgotado
Canta, miña rula, canta
9788491516293
18.20€ CON IVE
Non te amola!
9788491516385
20.30€ CON IVE
Non te amola!
9788491516385
15.90€ CON IVE
Tenrura
tenrura
20.30€ CON IVE
A viaxe de Ana
a-viaxe-de-ana
18.20€ CON IVE