Estás aquí:

Código: 1075

Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior

12,50  IVE INCLUIDO
Na butaca aborda de maneira poética e optimista o tema do esquecemento como doenza tipo demencia ou alzhéimer que adoita instalarse nas mentes de persoas de certa idade.
A obra, parrindo da idea do vivir no presente desa personaxe que está esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; falicidade  ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente. Na butaca tamén é un alegato -poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 76
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Varios
Nº na colección: 118
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-074-1
Observacións:

AUTORES/AS

F. Carrodeguas, Esther
esther-carrodeguas

(Rianxo, 1979). Polifacética artista, esta rianxeira de boa cepa asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. A súa escrita máis persoal cabalga normalmente por riba dos lindes que separan os xéneros, de maneira que moitos dos seus textos resultan difícil de clasificar. Premiada en 2006 co Modesto R. Figueiredo, do Pedrón de Ouro, polo relato Subir o telón (Edicións do Castro, 2008), coa súa primeira publicción en solitario. Collage (Ed. Barbantesa, 2011), reafírmase nunha escrita fortemente persoal e poética. A partir de entón, a súa carreira profesional foi derivando de cara ao teatro, publicando diversos textos (máis ou menos imposibles) na revista Núa de artes escénicas. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia no ano 2016, déixase notar a súa formación previa como xornalista, non só na súa colaboración habitual na Revista Galega de Teatro, senón sobre todo no seu teatro que, sendo moi pético, nace en realidade dunha necesidade vital de investigación. Deste xeito naceu Na butaca, pero tamén a premiada Voaxa e Carmín (Difusora de Artes, Letras e Ideas, 2016. Premio Abrente de Textos Teatrais 2015). Na actualidade dirixe, xunto a Xavier Castiñeira, a compañía teatral ButacaZero.

As súas obras

Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior
na-butaca
12.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

A historia de Sara
9788491519768
20.90€ CON IVE
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
12.50€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.70€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE