Estás aquí:

Código: 2451

Isto SI é un Home

19,20  IVE INCLUIDO

Primeiro ensaio do autor

En Isto SI é un Home, Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio onde o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente malo e cunha decidida e indesexable tendencia á infelicidade. Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciables de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para quen desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI, a chamada Cuarta Onda do Feminismo.

Recorrendo á memoria persoal, Isto SI é un Home é ademais a confesión emocionante dun autor que propón o reto de seguir o seu exemplo e facerse homes feministas. Está nestas páxinas, polo tanto, o Francisco Castro máis vitalista, provocador e descarnado que non dá opcións á indiferenza e apela aos machistas e totalitarios e que, polo tanto, nos pide ser valentes para cambiar o mundo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Feminismos
Nº na colección: 12
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-797-9
Observacións:

AUTORES/AS

Castro, Francisco
Francisco Castro

Vigo (1966). Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016. Dentro da súa produción literaria (traducida a linguas coma o castelán, catalán, italiano, portugués de Brasil…) podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), a novela histórica Memorial do infortunio (2003), Xeración perdida (2004, premio Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano) e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados (2007), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia. No ano 1999 foi Premio de Xornalismo “Manuel Reimóndez Portela”, no 2002 obtivo “O Facho” de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato Venres Desesperado (look casual friday) e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo Ningún fascista morreu inxustamente. Premio Blanco Amor de Novela (2005) pola novela Spam, coordenador dos Diálogos Literarios de Mariñán no 2006 e Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola novela As palabras da néboa. Abriu en Internet un dos primeiros blogs de autor dedicados ao debate literario e a información cultural (http://franciscocastro.blogaliza.org). Ten publicados 21 libros entre os que destacan a novela para pequechos Chamádeme Simbad (2009) que entrou na Lista de Honra do IBBY 2012 e recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web Fervenzas Literarias outorgado polos lectores e lectoras, así como o Frei Martín Sarmiento de 2011, e, para un público máis xuvenil, O segredo de Marco Polo (2010). Foi Presidente de Gálix entre 2010 e 2014. No ano 2011 publica unha nova novela para adultos titulada In Vino Veritas, e en 2012, asina, con Fina Casalderrey, o libro de relatos O neno can (seleccionado na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo, premio Frei Martín Sarmiento 2014), e tamén Premio Frei Martín Sarmiento e incluido na Lista de Honra CLIJ 2014. En 2013, a súa novela O corazón da Branca de Neve gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Publicou, en 2014, a novela xuvenil Tes ata as 10 (publicada por Suma de Letras en setembro de 2015 e que en 2016 recibiu o Frei Martín Sarmiento) e na colección de adultos Amor é unha palabra coma outra calquera en 2016. No mesmo ano, Barricadas de Sal e en 2018, Iridium (publciado en todas as linguas do estado), incluído na Lista de Honra OEPLI 2020 e na Lista Internacional IBBY de Oslo 2020 como un dos mellores libros do mundo sobre o tema da discapacidade. En 2020 publicou a novela (ao tempo en galego, castelán, catalán e éuscaro), Tantos anos de silencio e en 2021, tamén en todas as linguas oficiais do estado español, a novela O cemiterio de barcos. Este libro entrou no catálogo da OEPLI como un dos mellores libros de toda España do ano 2021.

Desde o ano 2003 imparte Obradoiros Literarios para todos os chanzos de idade.

En 2018 entrou a formar parte do Consello da Cultura Galega na sección de Pensamento e dende 2020 é o Director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra. Ese mesmo ano recibe o Premio de Periodismo Enrique Guerrero Serrano, convocado pola Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor.

En 2020 entrou a formar parte da directiva da Asociación Galega de Editoras.

En 2021 foi recoñecido como Vigués Distinguido polo Concello de Vigo.

No ano 2022 publicou o seu primeiro ensaio titulado Isto SI é un home, e o libro Eso no estaba en  mi libro de los Beatles e gañou o premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra Xoán, Xoana.

 

 

As súas obras

Isto SI é un Home
9788491517979
19.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Feminismos

ám@me
amme
24.80€ CON IVE
As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais
9788411761741
24.00€ CON IVE
Chámame señora, pero trátame coma a un señor
chamame-senhora-pero-tratame-coma-un-senhor
19.20€ CON IVE
Cómplices. A violencia machista institucional
complices-a-violencia-machista-institucional
21.20€ CON IVE
Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión
feminicidio
19.20€ CON IVE
Feminismo en cen palabras
9788491519706
16.60€ CON IVE
A Galiza feminista. Tebras e alboradas
9788491516255
16.40€ CON IVE
Isto SI é un Home
9788491517979
19.20€ CON IVE