Estás aquí:

Código: 1334

Grial 232

13,00  IVE INCLUIDO
Editar en Galicia hoxe
Neste derradeiro número do ano 2021, a revista Grial quere achegarse, a través do seu monográfico, ao panorama actual da edición en Galicia, para o que conta cunha nómina de autores grandes coñecedores da situación, como Francisco Castro (“O catálogo dun editor é a súa novela”), Henrique Alvarellos (“Un salvavidas para calquera tempo (tamén en pandemia”), Xosé Manuel Dasilva (“A tradución do libro galego. Onte e hoxe”) e Jonathan Dunne (“A proxección exterior das letras galegas”). Quere tamén este número servir de homenaxe a Xosé Manuel Soutullo, secretario de redacción da revista desde 1988, recentemente xubilado, a través dunha entrevista con el realizada por Henrique Monteagudo e Xesús Domínguez, xunto co artigo de Víctor F. Freixanes “Crónica de Xosé Manuel Soutullo”. O número complétase coas habituais seccións, onde destaca a de “Lingua” , con traballos de Luís Villares Naveira, Carme Rider i Serra e Andrés Bellas Carballo, ademais dunha mención especial ao primeiro traballo de Xesús Alonso Montero na Colección Grial, hai xa setenta anos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 172
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección: 232
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 209
Grial 209
12.00€ CON IVE