Estás aquí:

Código: 1311

Grial 208

12,00  IVE INCLUIDO
Sobre a Arte Galega e as súas circunstancias
A Arte concibida como un capítulo máis do discurso social, condicionada polo contexto en que se presenta, e tamén condicionada pola circunstancia histórica en que se produce. Dende o 11 de setembro de 2001, por salientar unha data de referencia, as cousas son radicalmente distintas. Tamén para nós, que non somos unha illa nin vivimos fóra da realidade.
A nova entrega de GRIAL (nº 208) propón unha reflexión, oxalá que poida ser tamén debate, sobre a creación artística na Galicia de hoxe dende diversas perspectivas: a creación e a produción, mais tamén a difusión, a comunicación e, acaso de xeito especial, as distintas formas de organización (mesmo institucional) que a creación artística presenta nos nosos días, dende o política de museos e os departamentos universitarios á crítica especializada.
Un debate que entendemos necesario na medida en que a expresión arístística é un capítulo máis do noso discurso creativo, afectado nestes momentos por unha crise que é bastante máis ca económica e de mercado, é unha crise institucional, e acaso ideolóxica e moral, que mesmo afecta tanto á creación e como á recepción da creación.
Agar Ledo, especialista nestas materias e recentemente incorporada ao Consello de Redacción de GRIAL, encargouse de coordinar este número, no que participan diversos especialistas de dentro e de fóra do país, achegando experiencias nosas e de fóra de Galicia, experiencias TODAS que entendemos que deben enriquecernos. Seguramente en novos números haberá que volver sobre aspectos da cuestión que quedan abertos.
Ademais dos temas monográficos que se indican no sumario, a revista incorpora as súas seccións habituais (Creación, Rego da Cultura, Crónica, Espello das Letras). Na sección Documentos reproducimos unha escolma da correspondencia que Ramón Piñeiro mantivo coa escritora Marina Mayoral, en sendo esta unha mociña a pouco de chegar á Universidade, exemplo do exercicio didáctico de formación galeguista que o primeiro director literario de Galaxia exerceu durante anos coas novas xeracións. Marina Mayoral incorporou estes testemuños ás recentes xornadas en memoria de Ramón Piñeiro que se celebraron no Consello da Cultura Galega e nas que se presentou a biografía do pensador galeguista, preparada polo noso codirector Henrique Monteagudo.
Outra achega a salientar, na liña de traballos que nos últimos tempos vén desenvolvendo o noso codirector, é a nova entrega (crónica, ensaio e contexto) da estadía de Alfonso R. Castelao en Buenos Aires entre 1940 e 1959, o Castelao exiliado despois da Guerra Civil.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 132
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria
foto
esgotado