Estás aquí:

Código: 1305

Grial 202

12,00  IVE INCLUIDO
Castelao Alén do mar, aquén da memoria
GRIAL volve presentar diversos estudos sobre a vida e a obra de Castelao, cando van alá setenta anos da primeira edición do fundamental Sempre en Galiza. A sección monográfica, coordinada por Henrique Monteagudo, recolle cinco colaboracións, das que tres delas, as de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela ("Castelao e a memoria do galeguismo republicano"); Álex Alonso Nogueira, profesor no Brooklyn College do CUNY Graduate Center de Nova York ("Meditación de inverno. Para unha lectura política do Libro II de Sempre en Galiza") e o propio Henrique Monteagudo, codirector de GRIAL e secretario da Real Academia Galega ("Tempo de derrotas. Castelao en Nova York, 1938-1940. I", que terá continuación no número 203 da revista) foron presentadas na mesa redonda sobre "Castelao en Nova York", que tivo lugar na City University of New York o 25 de abril deste mesmo ano. Esta sección monográfica complétase coas contribucións de Craig Patterson ("Delito e pecado. Castelao, Galicia e o antisemitismo"), que actualmente está a rematar a edición inglesa de Sempre en Galiza, e César Domínguez, profesor de Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, que presenta "‘Eu son fillo dunha Patria descoñecida’. Do Atlántico negro ao Atlántico verde a través da diáspora galega. Castelao (cunhas notas sobre Whitman e Lorca)". Estas novas olladas sobre Castelao permitirán ao lector achegarse desde novas perspectivas a diversos aspectos da súa figura e da súa obra. Tres cartas de Castelao e unha de Virxinia Pereira, publicadas na sección "Documentos" completan as achegas deste numero ao noso personaxe.
Un ano máis, GRIAL presenta a crónica da festa literaria de Trasalba e publica o texto ("Unha carabela de camelias para levar a Trasalba") que o homenaxeado deste ano (Agustín Fernández Paz) leu na recepción do premio.
A diversidade lingüistica no Brasil, o debate sobre a unificación da norma ortográfica do portugués e a aproximación do galego á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa son temas tratados, entre outros, nunha extensa conversa que Henrique Monteagudo e Facundo Reyna Muniain mantiveron con Gilvan Müller de Oliveira, director executivo do Instituto Internacional da Língua Portuguesa.
Carlos Lema, membro do consello de redacción de GRIAL, achégase na sección "Temas do noso tempo" á renuncia ao papado de Bieito XVI a propósito do libro Il mistero del male. Benedetto XVI e la fine dei tempi, que o filósofo Giorgio Agamben publicou coa intención de "comprender a decisión de Bieito XVI situándoa no contexto teolóxico e eclesiolóxico que lle é propio".
Na sección "Historia e memoria", Antoni Furió, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Valencia, reflexiona sobre a recepción que o simposio "Espanya contra Catalunya", celebrado o pasado mes de decembro, simposio "que creou tanta polémica […] e xerou tanta inquietude, incomprensión e hostilidade no interior da península".
O historiador portugués José Mattoso ("O século de Xelmírez") e o catedrático de Francés Henrique Harguindey Banet ("A emerxencia da figura do rei de Galiza na literatura francesa. O Roman de Ponthus á luz das Crónicas de Froissart") completan a sección "O espello das letras", onde se recensionan novidades editoriais publicadas nos últimos meses.
Por último, este número 202 publica senllas crónicas de Domingo Docampo, membro do consello de redacción de GRIAL ("Carta de Mozambique. Ata sempre, Maputo") e do escritor e editor Francisco Castro ("Carta de Igueldo. Palabras, desde Donostia, que queren ser país").

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 189
189
12.00€ CON IVE