Estás aquí:

Código: 1979

Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba

24,95  IVE INCLUIDO
A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD
Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou un froito innegable, a súa versatilidade compositiva levouno a crear un catálogo que sobrepasa os seiscentos títulos. Óperas, sinfonías, un réquiem, cantatas, oratorios... Diabolus in musica é un libro de conversas que repasa a súa vida, os seus afáns como músico, a súa visión do mundo e da cultura. A función social da música, a educación musical e a relación do compositor coa súa Terra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 184
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 24/11/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Memoria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-405-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Fernández, Manrique
Manrique-Fernández-420x220

(Sistallo, Cospeito, 1965) é xornalista e durante moito tempo foi xerente da Fundación Rogelio Groba. Da colaboración co compositor naceron a súa biografía oficial (Meditacións en branco e negro), un libro de conversas (Diabolus in musica), así como varias colaboracións como letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga. O noso Rei, e unha adaptación do conto de Perrault O gato con botas), unha cantata (Corpus en Ponteareas) e un réquiem (Samaín. Réquiem galego), entre outras obras. Amais é autor de Ponteareas máxica, recompilación de lendas tradicionais desta vila relatadas en verso, o libro de relatos Crónicas de Embora e a novela Tres feridas.

 

As súas obras

Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba
diabolus
24.95€ CON IVE
Groba, Rogelio
groba

Rogelio Groba Groba (Guláns, Ponteareas, 1930). Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasladouse a Suíza, onde residiu sete anos. De volta en España foi nomeado director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña, cargo que exerceu durante vinte e tres años. Foi fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal. Tamén foi director e profesor do conservatorio coruñés durante vinte anos.

Dende 1990 dedicouse só á creatividade musical, campo en que foi recoñecido co Premio Internacional Dante Luini (1973), Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Premio Internacional Auditorio de Galicia (2004), e co nomeamento de Fillo Predilecto de Ponteareas. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu o Premio da Cultura Galega 2011 na categoría de Música.

Dende 2002 preside a Fundación Rogelio Groba. Como compositor supera os 560 títulos no seu catálogo, no que podemos atopar obras de todos os xéneros e estilos, dende óperas a sinfonías, concertos, cantatas, suites, un réquiem, abundante música sinfónica, de cámara, pianística, coral, para banda, e un longo etcétera.

As súas obras

Once baladas galegas. Versións sinxelas para piano
once negra
17.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE