Estás aquí:

Código: 553

Contiños da Terra

21,90  IVE INCLUIDO
Esta edición conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Entre 1920 e 1932, Manuel García Barros publicou os “Contiños da Terra” no xornal estradense El Emigrado, que despois recolleu en libro (1931 e 1952). Un conxunto de relatos de fonda raigaña costumista, irónicos e humorísticos, onde destaca a pericia na caracterización dos personaxes populares, e que lle deron gran sona. Estes relatos foron creados non só como un simple entretemento, senón tamén como unha ferramenta instrutiva, a través do costumismo e o humor, para “afeccionar o pobo á lectura no noso idioma abríndolle camiño a cousas de máis fondura polas que era preciso facelo entrar”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 304
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 429
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-622-4
Observacións: Edición de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono

AUTORES/AS

García Barros, Manuel
garcia barros

Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955.

Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.

As súas obras

Estampas desde o val
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-val
20.55€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE