Estás aquí:

Código: 2877

Como lágrimas na chuvia

17,75  IVE INCLUIDO
PREMIO LAZARILLO 2019
Grace é unha adolescente que coida da tumba do seu pai, Leo Calvert, unha lenda da música falecido nun estraño accidente uns anos antes, e á que acoden en peregrinación fans de todo tipo. Un deles, Norman, crúzase no camiño da moza e desata nela un remuíño de preguntas sen resposta ao redor da morte do pai e das cancións que deixou gravadas, gardadas no soto da súa casa, e que a súa nai, Rebecca, se nega a publicar. Pero a solución a estes enigmas tena unha única e insospeitada persoa. En Como lágrimas na chuvia, Premio Lazarillo 2019, Jordi Sierra i Fabra, a través dunha linguaxe moi próxima á mocidade, e coa outra paixón do autor como marco, a música, retrata o fracaso, o éxito, a traizón, a fama e a amizade; en definitiva, a condición humana.0015210124

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 260
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 124
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-600-2
Observacións:

AUTORES/AS

Sierra i Fabra, Jordi
Jordi-Sierra-i-Fabra-195x220

Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España. En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes.

A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.

As súas obras

Berta Mir detective. O caso do papagaio que falaba de máis
9788491514039
17.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE