Estás aquí:

Código: 18444

A Cidade dos Césares

23,95  IVE INCLUIDO
A Cidade dos Césares gañou o Premio de Novela Torrente Ballester en 1992. Case trinta anos despois, o autor ofrécenola nesta edición corrixida e revisada.
Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa Señora do Carme de Patagones, na boca do río Negro. O conde de Floridablanca e os ministros de Carlos III deseñaron a ocupación para evitar que o inglés se establecese naquelas latitudes. Cen anos despois, en 1885, o piloto de Noia, Basilio Vilariño, evoca aquelas xornadas dialogando co gaiteiro, Chinto de Muras, mentres o exército arxentino entra na antiga aldea de colonos, despois de vencer na montaña a derradeira resistencia das tribos indíxenas. Diálogo entre defuntos, apenas sombras no medio do lamazal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 426
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 458
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-914-0
Observacións:

AUTORES/AS

F. Freixanes, Víctor
víctor

(Pontevedra, 1951) é autor dunha esixente obra literaria, amplamente recoñecida e multipremiada, que vai desde os primeiros libros de xornalismo: Unha ducia de galegos (1976) e Memorias dun fuxido (1980), a novelas de gran envergadura como O triángulo inscrito na circunferencia (1982), O enxoval da noiva (1989), A Cidade dos Césares (1993) ou a máis recente: Cabalo de Ouros (2010).

Con fotografías de X. Vilar Cardona publicou en 1989 unha recreación literaria da cidade de Pontevedra: O día que perdemos o mar e con debuxos do pintor X. Freixanes, Unha avelaíña na lámpada (2009).

O autor recoñece que O triángulo inscrito na circunferencia, A Cidade dos Césares e Cabalo de ouros conforman unha triloxía temática arredor de Vilanova de Alba, ensoñación literaria detrás da cal esta a propia Galicia, en parte imaxinada e en gran parte real. A súa obra ensaística céntrase no ámbito da comunicación e o xornalismo. En 2017, foi elixido presidente da Real Academia Galega.

As súas obras

A Cidade dos Césares
9788491519140
23.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE