(Vigo, 1978). Estudou Maxisterio na Universidade da Coruña e desde o ano 2000 é mestra especialista en Educación Infantil e Primaria.Máster en en Atención Temperá e en actividades relacionadas co ámbito do traballo por proxectos, a intelixencia emocional, a filosofía para nenos e nenas, a aprendizaxe construtivista, a neurociencia e o alumnado altamente capacitado. En 2020 recibiu o premio ao Mellor Profesor de España na categoría de Primaria nos Premios Educa ABanca. Outros galardóns foron os Premios Cogave e Cooperativismo na Escola. En 2019 Unha historia de Quin foi recoñecida como unha das trinta mellores experiencias educativas polos premios Aprendizaxe-Servizo a nivel nacional. Ademáis é autora e coautora de libros como 50 casos de éxito docente, Non deixarei de buscarte, Ortografía con rima I, O primeiro que ten que ir contento á escola é o profesor e Só ti podes cambiar o mundo.
(A Coruña, 1970), estudou Relacions Laborais na Universidade da Coruña, aínda que dende 1996 traballa para a industria farmacéutica en diferentes labores. E co autora de Non deixarei de buscarte e de Só ti podes cambiar o mundo, dous libros solidarios, cuxos beneficios se destinan a loitar contra o maltrato animal e a axudar a refuxios e asociacions que coidan animais abandoados e que non reciben ningún tipo de subvención.
Naceu en Vigo en 1968, cidade onde desenvolve a súa actividade profesional no sector asegurador como axente, que compaxinaba con estudos universitarios de Ciencias Empresariais e, posteriormente, como xefe comercial ata 1998, que pasa ao sector farmacéutico ata a actualidade, como delegado especialista no area de sistema nervioso central. É máster en Relacións Institucionais e acceso ao mercado no sector farmacéutico. Afeccionado á literatura, conta con varios traballos inéditos, e é coautor de A historia de Quin: non deixarei de buscarte, e traballa na súa novela Viva Santa Eulalia.