Presentación de Golpistas e verdugos de 1936 en Pontevedra

Categoría: Evento

O día 4 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar na sede do Arquivo Histórico Provincial a presentación de Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo de Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Iria Morgade Valcárcel.
O historiador local Pepe Álvarez será o encargado de presentar o acto, ao que asistirán tanto os seus autores como Francisco Castro, editor do libro e director xeral da editorial.
Esta é a historia dos verdugos.
Non é unha historia heroica nin agradable, tampouco unha historia esquecida. É unha historia que non tiñamos ganas de coñecer, pero que os historiadores e as historiadoras estamos obrgados a indagar e contextualizar. O coñecemento sempre resulta sorprensivo e desvenda erros, mitos, deformacións teresadas. Iso intentamos.
Os lectores coñecerán neste libro as dimensións sociais dos verdugos e os colaboradores. Canto se estende a marcha da violencia do golpe. Coñecerán os golpistas perseguindo as autoridades, empezando polas militares. Como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas, porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo, nin da súa experiencia vital e política.

Comparte nas túas redes sociais ou por email