Estebo Ortiz, Diego

SONY DSC
Estebo Ortiz, Diego

(Barcelona, 1982). Formouse como deseñador e ilustrador en Vigo e na Coruña. Interesado en explorar as interseccións entre as distintas disciplinas, combina ambas as facetas durante anos en que traballa como freelance, así como en estudios e axencias.

No ano 2016 comeza o proxecto Códigos (asinado como Tebo), que o leva a desenvolver e expoñer a súa obra na India, Bolivia, A Arxentina e Italia, lugares onde busca sintetizar unha linguaxe gráfica e persoal cos trazos de identidade locais. As súas colaboracións como ilustrador espállanse por distintas revistas e editoriais, das que Luzes, Principia, Xordica e Galaxia son as máis recentes.

As súas obras

Que me queres amor? (ilustrado)
9788491515739
22.25€ CON IVE
A esmorga (Ilustrada)
9788491514756
21.75€ CON IVE