Bóveda, Jorge Emilio

Jorge-Emilio-Boveda-©Xoan-Vila-196x220
Bóveda, Jorge Emilio

(Auria Vella, 1975) é mestre de Inglés e escritor de vasta produción literaria entre a narrativa e o ensaio. Afirma vivir nunha constante pulsión literaria en que confesa escribir ata cando non está a escribir. Colaborador en prensa, responsable da denominada Xeración Illada, xunto con F. J. Fontenla e Eladio Medel e coordinador da revista cultural Inviable, entre as súas obras destacan Deserto García (2019), Eternos propietarios (premio O Peirao 2018), As sete mortes de Leopoldo Pardo (2018) e O monstro de Ille (2017).

Autor da fotografía: ©Xoan Vila.

As súas obras

O monstro de ille
o-monstro-de-ille
14.40€ CON IVE
Deserto García. Unha historia ao oeste
9788491514008
16.30€ CON IVE
O libro cero
9788491516088
18.50€ CON IVE