Estás aquí:

Código: 558

Xácome o fatalista

22,00  IVE INCLUIDO
Tradución de Darío Xohán Cabana  
Voltaire, Rousseau, Diderot. Século XVIII, Francia, luz do mundo. Mais Diderot é o creador, o director, o artífice da Enciclopedia, ou Dicionario razoado das ciencias, das artes e dos oficios. Os seus poderosos 28 volumes in folio, 17 de texto e 11 de soberbios gravados técnicos, son a base fundamental e fundadora da civilización común da Humanidade. Esa que uns anos despois adoptou o lema glorioso que nos guía: Liberdade, Igualdade, Fraternidade. E ademais, Diderot é un delicioso escritor, que co seu Xácome nos leva a cabalo da fantasía polos meandros dun río con mil revoltas e afluentes: contos lixeiros, historias tremendas, filosofía, moral laica, pinchacarneiros, bromas e veras. Libro indefinible, divertido, marabilloso. Unha das novelas —ou conversas— máis fermosas do mundo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 418
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/03/2024
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 434
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-737-5
Observacións:

AUTORES/AS

Diderot, Denis
Denis Diderot

(Langres, 1713-París, 1784) é un dos principais escritores e filósofos da Ilustración. Novelista, dramaturgo, ensaísta, crítico de arte e crítico literario, tradutor. Ben coñecido pola súa erudición e o seu espírito crítico, deixou a súa pegada en todos os xéneros literarios que cultivou. Pon os alicerces do drama moderno no teatro, revoluciona a novela con Xácome o fatalista, inventa a crítica cos seus “Salóns” e supervisa a redacción da Encyclopédie, obra sobranceira da Época Moderna. En filosofía, destaca ao propoñer un razoamento autónomo no canto dun sistema completo, pechado e ríxido.

 

As súas obras

Xácome o fatalista
9788491517375
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE