Estás aquí:

Código: 2148

A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida

11,90  IVE INCLUIDO
Escritora, profesora, conferenciante
e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar "un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 190 mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección: 23
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-156-4
Observacións:

AUTORES/AS

Pena Presas, Montse
Foto Montse Pena

(Sada, 1981). É licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia ou a guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II.

As súas obras

A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida
a-voz-insurrecta
11.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
descatalogado
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
descatalogado
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE