Últimos días para a presentación de orixinais ao Premio Repsol de Narrativa Breve 2015

Categoría: Nova

O próximo 23 de xullo remata o prazo para a presentación de orixinais ao Premio Repsol de Narrativa Breve 2015. Dotado con 12.000 euros e a publicación da obra gañadora por Editorial Galaxia, desde que o Premio se dedica exclusivamente a novela curta foron gañadores María López Sández, con A forma das nubes, Berta Dávila, con O derradeiro libro de Emma Olsen, e Santiago Lopo, con A Diagonal dos Tolos.
Pódense consultar as bases na ligazón á dereita destas liñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email