Triunfo de Xerardo Agrafoxo en Noia

Categoría: Nova

A tarde do venres foi unha xornada feliz tanto para Xerardo AgraFoxo como para a Editorial Galaxia ao ver tan cheo de xente o Coliseo Noela de Noia para asistir á presentación do último traballo literario do autor titulado ‘Viaxe á última revolución’.
O autor estivo acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e contou coa actuación da Escola de Danza Oitos dirixida por Verónica Martínez.
Ao remate do acto foi moitísima a xente que se achegou canda o autor para que lle asinase o exemplar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email