Estás aquí:

Código: 18420

Sonoridade das auras. Poesía reunida

17,60  IVE INCLUIDO
Edición de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono
Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico. Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cunha variada galería de temáticas que van das composicións de circunstancias e festivas, ata as amorosas, sobre a morte, a identificación coa Terra e a loita pola dignidade dos labregos, sen esquecer o seu lado com- bativo contra o caciquismo e as diferenzas sociais. Unha recompilación que permite, a quen ao autor de Berres se queira achegar, ter unha visión de conxunto da súa obra poética. Un elo, máis que necesario, para que García Barros pase a ocupar o lugar reservado para a súa obra e a súa figura nas letras galegas

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 218
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 190 mm.
Colección: Letras Galegas Clásicos
Nº na colección: 14
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-847-1
Observacións:

AUTORES/AS

García Barros, Manuel
garcia barros

Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955.

Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.

As súas obras

A pluma insubmisa. Ensaios inéditos
a-pluma-insubmisa-ensaios-ineditos
20.55€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas Clásicos

Antoloxía poética (Cabanillas)
antoloxia
15.40€ CON IVE
Antoloxía poética de Labarta Pose
9788411761758
19.50€ CON IVE
Antoloxía poética (Florencio Delgado Gurriarán)
9788491518051
16.00€ CON IVE
Bebedeira
9788491517849
13.20€ CON IVE
Cantares gallegos
cantares
13.80€ CON IVE
Dos meus recordos
9788491519560
16.90€ CON IVE
Enredos
9788491519577
15.60€ CON IVE
Estampas desde o val
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-val
20.55€ CON IVE