Estás aquí:

Código: 18819

Somos hip-Hop

22,00  IVE INCLUIDO

FUNDAMENTOS do BREAKING, RAP, GRAFFITI, TURNTABLISM E BEATBOX

Mentres a comunidade estadounidense da década de 1970 vibraba coa música funk e disco nos clubs de moda dos barrios ricos de Nova York, algo máxico estaba a piques de suceder nos guetos da periferia, onde comeza a xerminar un novo movemento sociocultural, artístico, reivindicativo e transgresor que en poucos anos chegaría a todos os recunchos do planeta… Falamos do movemento hip hop, composto polos seus cinco elementos: breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox.

Neste libro descubrirás os fundamentos, trucos e segredos de cada unha destas disciplinas, xunto cunha ampla colección de ilustracións orixinais.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 29/11/2023
Dimensións 206 x 210 mm.
Colección: Libros singuilares e fóra de colección
Nº na colección: 176
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-026-3
Observacións:

AUTORES/AS

Brey Vázquez, David

Nacín no ano 85. Dende cativo estiven mergulaldo en cores, metido en todo tipo de proxectos creativos, en solitario ou cos meus grupos de colegas. O que foi unha paixón inconsciente de neno converteuse nunha forma de vida, e hoxe dedícome profesionalmente á creación e investigación de contidos gráficos.

Encántame viaxar e descubrir novas formas de ser e crear, lugares novos que estimulan os meus traballos, así que aproveitei a linguaxe internacional das imaxes para facer numerosas viaxes polo mundo, producindo obra artística en países como Portugal, Francia, Bélxica, Italia, países Baixos, Alemaña, República Checa, Eslovaquia, Hunbría, Ucraína, Romanía, Moldova, Bulgaria, Bosnoia, Serbia, Grecia, Turquía, a Arxentina, Chile, Venezuela, Bolivia, O perú e Ecuador, ata hoxe.

Actualmente vivo nun avión entre Galicia e Barcelona, onde compaxino os meus proxectos artísticos persoais co meu traballo como muralista, ilustrador e investigador no programa de doutoramento da UVigo e da UBarcelona.

Atopei o hip hop escoitando cintas de casete cos amigos da infancia, osmando nas letras e novos estilos, alucinando coa chegada da “Zulu Nation” á miña cidade…. Logo, xa no instituto, foron entrando na miña vida cotiá os beats de turntablism nos concertos da fin de semana, os temas de rap de aquí e de alá que pasaban de man en man, as noites de beatbox no parque, os bailes de break baixo os farois e as primeiras misións de graffiti escapando da casa para pintar.

Esta forma de vida cambiouno todo para min, concetoume a unha enorme rede de xente con ideas e prácticas artísticas comúns. Foi incrible! Nunha época lembro ter máis de cinco aka ao mesmo tempo, dedicándolle todo o meu tempo libre. Aínda gardo máis de corenta cadernos de debuxos e rimas.

Eses días, buscando e perfeccionando o meu estilo propio nas “Columnas”, evolucionaron ata producións máis compelxas, que me levaron a exhibicións, viaxes alucinantes, xentes pitnorescas e moitos, moitos momentos inesquecibles.

Hoxe, moitos anos despois daqueles inicios, con esta publicación quero inmortalizar algunhas desas experiencias persoais, e compartir convosco eses truquiños para viaxar sen perderse neste universo do hip hop.

Work in Pregress. Progress in Work.

 

As súas obras

Somos hip-Hop
9788411760263
22.00€ CON IVE
Castiñeira Olveira, Pablo

Nacín en 1986, ano en que chegaban a España as primeiras imaxes do movemento hip hop a través de películas como “Breakin”, “Beat Street” ou “Style Wars”, estreadas nos Estados Unidos un par de anos antes.

Eu era moi pequeno para percibir o que estaba a pasar en todo o mundo coa chegada imparable desta nova cultura urbana, pero si lembro os breakers da miña vila facendo acrobacias imposibles seguindo o ritmo daquela música electrizante, que picaba o DJ na disco durante as sesións de tarde dos domingos.

Por casualidades da vida, cando tiña 14 anos (coincidindo co cambio de século), atopei o mundo do breaking. Aínda lembro, con claridade, cando un empurrrón dun amigo, que bailaba break, me levou ao medio dun “cypher” (curro). De súpeto parou o mundo, e tardei tres segundos en decatarme de que aquel momento era o que estaba a esperar, así que me defendín como puiden e desde aquela pasaron xa dúas décadas vividas dentro da “movida”.

Desde o ano 2000 non parei de vagar por un amiño que comezou co Breaking e que me levou a coñecer outras disciplinas do hip hop: o turntablism, o rap, o graffiti e o beatbox, coas que descubrín novos mundos e novas xentes.

En 2009 decido dar un paso adiante e continuar o legado das xeracións para dignificar a cultura urbana e achegala ás novas xeracións.

Despois de máis dunha década levando o hip hop e a cultura urbana con Vella Escola por toda a comunidade galega, queremos presentar o noso primeiro traballo editorial ilustrado.

Esta guía sobre a cultura urbana é unha realidade grazas á colaboración dun experimentado equipo de profesionais especializados, que xenerosamente comparten os seus coñecementos neste libro.

Tes curiosidade por coñecer máis sobre a cultura urbana?

Mergullémonos neste percorrido único polo universo alternativo do hip hop e descubramos os grandes segredos que agachan os cinco elementos da súa cultura.

Como dicimos na Vella Escola: “Cultura urbana en estado puro”

As súas obras

Somos hip-Hop
9788411760263
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singuilares e fóra de colección

4 pezas. A sombra de Orfeo; Farsa das zocas; A arbre; Auto do prisioneiro
9788491514367
6.00€ CON IVE
A música dos Valladares. Retratos de familia
9788411761772
15.00€ CON IVE
A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE
Antes molabamos máis
9788411760560
29.95€ CON IVE
cando non sei volver
9788411761512
17.00€ CON IVE
Compostela, póla Florida
9788491519973
20.90€ CON IVE
Curros & Holmes no misterio d'o kapital
9788491518020-1
13.50€ CON IVE
O libro secreto da filosofía
9788411761543
15.50€ CON IVE