Século e medio co Capitán Nemo

Categoría: Destacado, Nova

20.000 leguas baixo dos mares foi a primeira novela en galego en edición de lectura fácil
Todo o que o home pode imaxinarse, algún día será realidade”, era a frase que solía repetirse o autor francés Jules Verne, e non lle faltaba razón. Apaixoado pola música, o mar e a liberdade, deixou tras de sí valiosísimas historias de aventuras e viaxes fantásticas, para soñar e viaxar.
A Editorial Galaxia xunto coa Asociación Juan XXIII de apoio a persoas con discapacidade, e a colaboración da Secretaría de Política Lingüística de Galicia, impulsaron o clásico de Jules Verne; o primeiro volume de literatura adaptada e accesible en galego.
Nun ano no que se conmemoran 150 anos da entrada do Nautilus na ría de Vigo, 20.000 leguas baixo dos mares, é a obra escollida para abrir a colección de Lectura Fácil de Galaxia. Trátase dunha ferramenta de comprensión lectora e de fomento da lectura enfocada a eliminar as barreiras para o aprendizaxe e a partipación das persoas que non teñen o hábito de ler, que sofren diversidades intelectuais ou da aprendizaxe.
Este tipo de formato permite o acceso a contidos en galego para todas as persoas, tanto as que presentan algún tipo de discapacidade intelectual, como as que non teñen estudos ou son inmigrantes con escaso dominio da lingua. Trátase de achegar esa liberdade, que tanto lle gustaba a Verne, para todas e todos, brindando unha nova porta de entrada á lingua propia de Galicia.
Unha ferramenta que facilita o acceso cultural á cidadanía, a disfrutar do imaxinario creativo de Verne e o seu amor polo mar. Unha obra que inmortalizou a Ría de Vigo nas súas páxinas ao situala como punto de partida do submarino Nautilos, capitaneado por Nemo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email