Queres gañar un exemplar de CRIATURAS?

Categoría: Nova

A editorial Galaxia, en colaboración coa produtora Pórtico Audiovisuais publicou recentemente unha compilación dalgunhas das case catrocentas historias de animais domésticos e salvaxes aparecidas no programa 'Criaturas' que esta produtora fai para a TVG. Puxémoslle como subtítulo o expresivo, 'Só lles falta falar!' . O libro, dirixido ao público infantil, recolle estás historias nun formato de gran tamaño cheo de fotografías e informacións de carácter divulgativo.
Agora Pórtico Audiovisuais quere agasallar aos lectores e lectoras de Cultura Galega cun algúns exemplares desta divertida obra. Cinco volumes de 'Criaturas, só lles falta falar!' sortearanse entre as persoas que contesten á seguinte pregunta tal como aparece contestada no libro: Por que bocexan os hipopótamos?
As respostas enviaranse ata as 15 horas do martes 17 de xaneiro ao correo lg3@culturagalega.org .
O correo debe levar como asunto "sorteo Criaturas" e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.
Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.
Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá dous nomes de xeito correlativo.
O resultado do sorteo farase público durante a mañá do mércores 18 de xaneiro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.
Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Pórtico Audiovisual e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email