Estás aquí:

Código: 2482

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro

22,00  IVE INCLUIDO
“Lista de Honra OEPLI 2020” "Premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020" "Gañador da V Gala do Libro Galego Virtual 2020"
Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul? Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre Harry Potter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. Queres coñecer as súas respostas?

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 88
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 295x210 mm.
Colección: Lanterna de Aristóteles
Nº na colección: 2
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-415-2
Observacións:

AUTORES/AS

Rivadulla Fernández, Juan Casto
juan-casto

Nacín na Pobra do Caramiñal hai xa medio século.

Na Universidade de Santiago de Compostela estudei a carreira de Bioloxía e tamén me fixen Doutor en Neurociencia.

Agora son profesor titular de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Pero antes traballei como investigador na Rockefeller University de New York e no Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT). Non sei se lembrades que neste último é onde estudaron o Dr. Octopus, Mr. Fantástico, Tony Stark (Iron Man) e unha morea doutros superheroes que coñecemos da banda deseñada e o cine. O que vos podo dicir é que alí aprendín moito pero nunca me topei con ningún deses personaxes polos corredores. Magoadamente, tampouco desenvolvín ningún superpoder, e non me viría nada mal.

Levo case 30 anos estudando como funcionan as neuronas e segue fascinándome escoitalas falar entre si. Son un namorado da ciencia e teño a sorte de dedicarme a ela. Por iso, ademais do traballo de laboratorio e o ensino, tento compartir coas persoas que non son profesionais da ciencia toda a emoción que sinto estudando e investigando. Fago divulgación a través de programas moi diferentes que inclúen desde charlas, sobre ciencia claro, nos bares, na rúa ou nos colexios, ata colaboracións con actrices e actores para montar espectáculos científico-teatrais. Por certo, a foto que vedes á esquerda fixéronma mentres impartía unha desas charlas das que vos falo.

Polas miñas actividades de divulgación déronme o Segundo Premio no IV Certamen Teresa Pinillos de Divulgación Científica y Humanística (2008) e o Primeiro Premio na 1ª edición do Carnaval de Neurociencia da Revista Investigación y Ciencia (Casto Rivadulla e Juan Aguilar, 2014).

As súas obras

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Lanterna de Aristóteles

Puf! vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
puf-vaia-peido-seres-sorprendentes
esgotado
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE
Viches iso?
9788491517122
22.00€ CON IVE