Portabales, Arantza

ARANCHA-PORTABALES-196x220
Portabales, Arantza

(San Sebastián, 1973) é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.

Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: “A Celeste la compré en un rastrillo” (Zaera Silvar, 2015). Ese mesmo ano, a súa novela en lingua galega, “Sobrevivindo” (Galaxia 2015) resultou vencedora do XV Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. En 2017 o seu relato “Circular C1: Cuatro Caminos- Embajadores” gañou a XVIII edición do Certame de Narración Breve da UNED/UNED.

A súa segunda novela “Deixe a súa mensaxe despois dá sinal,” (Galaxia, 2017) foi traducida ao castelán pola Editorial Lumen, ao italiano (Solferino, RCS group) ao hebreo (Keter books) e ao alemán (BTB-Penguin Random House) e levada ao teatro pola Compañía Tanttaka.

A súa terceira novela “Beleza vermella”, (Galaxia, 2019) publicouse conxuntamente coa tradución da mesma ao castelán, (Editorial Lumen) sendo publicada tamén en Italia baixo o título “Bellezza Rossa” por Solferino.  En 2020 publicou un libro ilustrado de relatos “Historias de mentes” (Editorial Bululú).

As súas obras

O home que matou a Antía Morgade
9788491519676
19.90€ CON IVE
Sobrevivindo
9788491517887
17.40€ CON IVE
Sobrevivindo
Sobrevivindo
esgotado
Deixe a súa mensaxe despois do sinal
deixe-a-sua-mensaxe-despois-do-sinal
20.90€ CON IVE