Pazó, Cándido

candido-pazo
Pazó, Cándido

(Vigo, 1960), é autor, adaptador e director teatral, ademais de actor e narrador oral. Asinou numerosas pezas orixinais, como A Piragua, O bululú do linier, García, As do peixe e Vida de cans, ou adaptadas, como Commedia, Nano e A galiña azul, sendo especialmente notoria a súa versión escénica de Memorias dun neno labrego, na que tamén é actor. Escribiu e dirixiu para diversas compañías galegas, como Ollomoltranvía, da que foi un dos fundadores, ou o CDG, e colabora habitualmente con Talía Teatro e Tanxarina Títeres.

As súas pezas acadaron varios premios Max e numerosos María Casares, e pola súa traxectoria é Xograr de Outono do FIOT de Carballo, Premio Vidal Bolaño da Mostra Internacional de Ribadavia, Premio Xiria de Cangas e en 2014 recibiu o Premio da Cultura Galega.

Actualmente é o dramaturgo habitual da súa compañía Contraproducións.

As súas obras

Fillos do sol
9788491516460
12.90€ CON IVE